top of page

Día do Traxe Galego 2024

Creatividade dentro das Festas do Apóstolo 2024.

 

Cliente: Concello de Santiago de Compostela.

Os traxes tradicionais galegos varían segundo a rexión da comunidade autónoma de Galicia, o clima e a ocasión. Divídese principalmente en dous tipos: traxe de traballo e de gala.

Neste traballo quixemos representar estes traxes de traballo, práctico e austero; e tamén, os vestidos de gala de cores brillantes, chales e xoias de ouro. Así coma os traxes tradicionais cos que asistían á misa, sobre todo os domingos ou nas festas importantes como é o día 21 de xullo: O día do Traxe Galego. Unha data para poñer en valor a nosa tradición como símbolo cultural de Galicia.

A data coincide coas festas previas ao Día de Galicia, o 25 de xullo, reforzando a identidade galega e promovendo a conservación dos nosos traxes históricos.

bottom of page